África González: "A cuarta dose chega en bo momento porque non hai moito virus"
África González: "A cuarta dose chega en bo momento porque non hai moito virus"
A catedrática de Inmunoloxía tamén considera positivo que se poñan a un tempo as vacinas contra a gripe e contra a covid-19
A campaña da cuarta dose contra a covid-19 chega nun bo momento porque non hai moito virus circulando, segundo a catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González.
Tamén considera unha nova positiva que se vaian poñer a un tempo as vacinas contra o coronavirus e contra a gripe. Deste xeito, considera que se reforza a protección das persoas máis vulnerables.
"Iníciase esta campaña nun momento en que non hai moito virus e iso é bo. A vacinación debe facerse antes de ter o virus. É o que se fai coa gripe. E outra boa nova é que as imos poñer xuntas. Pódese poñer a da covid e a da gripe en distintos brazos, pero á vez", subliña.