Cargando resultados...
Agrávase a falta de combustible pola folga das refinerías en Francia
Agrávase a falta de combustible pola folga das refinerías en Francia
O Goberno de Macron ameaza con intervir se non hai solución inminente
Unhas gasolineiras pechan e noutras hai ringleiras quilométricas
G24.gal
11/10/2022 11:55
Cada día que pasa agrávase máis a falta de combustible pola folga das refinerías en Francia.
O conflito laboral, pola reivindicación de alza salarial para compensar a inflación, xa dura dúas semanas e aféctalle ás instalacións da principal petroleira nacional, TotalEnergies e ás do grupo estadounidense Esso.
O Goberno francés ameaza con intervir se non hai unha solución nas próximas horas ou como moito, días. A falta de combustible está facendo que unhas gasolineiras pechen e noutras, haxa longas ringleiras de condutores para botar combustible.