Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aitana e Lola Índigo pechan a cuarta edición do Morriña Fest na Coruña

Aitana e Lola Índigo pechan a cuarta edición do Morriña Fest na Coruña

Unhas 40.000 persoas vibraron coa música dun dos acontecementos musicais do verán na cidade

G24.gal 27/07/2024 21:02 Última actualización 27/07/2024 21:30

O sol que apenas asomara timidamente durante a mañá quentou con rigor as últimas horas de espera. Os morriñosos aturaron estoicamente a calor nunha cola extensa e estática que tornou en carreira precipitada en canto abriron as portas no peirao.

As entradas estaban esgotadas. O segundo día do Morriña Fest comezou coa música electrónica do DJ Toni Seijas e coa promesa dunha noite inesquecible. No cartel, o punki-pop de La La Love you, estrelas da música urbana como Yandel e dúas mulleres que arrasan, Aitana e Lola Índigo.

O coruñés Íñigo Quintero cancelou a súa participación no Morriña por problemas de saúde. Foi quizais a única nota negativa dun festival consolidado e ambicioso co que nesta cuarta edición vibraron 40.000 almas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade