Aitor Buñuel, reforzo de calidade para o lateral dereito do Rácing
Aitor Buñuel, reforzo de calidade para o lateral dereito do Rácing
Buñuel: "Vexo que hai unha familia formada, e eu veño poñerme ao seu servizo"
Aitor Buñuel é un lateral de 26 anos que xogou a pasada campaña en Tenerife a un gran nivel. É un lateral que gustaba moito desde hai tempo a Carlos Mouriz e a Cristóbal Parralo.
Buñuel completa así o lateral dereito con Delmas, unha demarcación na que se xuntarían dous futbolistas cunha ampla traxectoria en Segunda.
Sabe a que tipo de institución chega
"Vexo que hai unha familia formada, e eu veño poñerme ao seu servizo"
"Intetaremos manter a liña, darlle unha volta de máis e competir cos mellores"
Non hai que esquecer que Cubero volveu ao Eibar, equipo que ten os seus dereitos. Parralo quería un lateral parecido tras o bo rendemento que deu. Aitor Buñuel xogou máis de trinta partidos o ano pasado co Tenerife.
Chegou á illa en 2022 procedente do Almería, co que logrou o ascenso en 2022 tras disputar en dous anos 34 encontros entre a Segunda División e a Copa. Internacional por España nas categorías inferiores ata a sub-21 ten calidade e é un gran marcador.