Publicador de contidos
Publicador de contidos

Albares asegura que o Goberno non vai contribuír a levar máis armas a Oriente Medio

Albares asegura que o Goberno non vai contribuír a levar máis armas a Oriente Medio

O cargueiro Borkum renuncia a facer escala en Cartaxena e diríxese a Eslovenia

Buque Borkum nas proximidades de Cartaxena (Europa Press/Mc)
G24.gal 17/05/2024 11:17

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, asegurou este venres que o Goberno español non vai contribuír a levar máis armamento a Oriente Medio porque non se necesitan máis armas, senón máis paz.

Albares xustificou así, nunha entrevista en TVE recollida por EFE, a decisión de denegar o permiso para facer escala nun porto español ao mercante Marianne Danica, que partiu da India e que transporta armamento destinado a Israel.

Tras confirmar que é o primeiro caso que detectaron dun buque cun cargamento de armas para Israel, lembrou que España non concede licenzas de exportación de armamento para ese país desde o 7 de outubro, porque non queren "contribuír a unha guerra".

O xefe da diplomacia española insistiu en que defenden un cesamento do fogo permanente e inmediato, así como a liberación de todos os reféns e a entrada inmediata da axuda humanitaria, e que por iso non van contribuír a levar máis armas a Oriente Medio.

O cargueiro Borkum renuncia a facer escala en Cartaxena e diríxese a Eslovenia

O buque Borkum, que transporta un cargamento de armas con destino á República Checa e tiña previsto facer escala en Cartaxena, renunciou a esta escala e comunicou que se dirixe directamente a Eslovenia para trasladar desde alí a carga a Praga.

O armador do cargueiro comunicou esta decisión a Capitanía Marítima, segundo informaron a EFE fontes do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

O buque atopábase fondeado no cabo Tiñoso, en augas de Cartaxena, á espera de atracar na terminal de Escombreras, pero finalmente decidiu non facer esa escala e poñer rumbo a Eslovenia.

Este cargueiro tiña permiso para facer a escala debido a que o seu cargamento non tiña como destino Israel, algo que, a pesar de negalo o Goberno, puxeran en dúbida asociacións propalestinas e levara a Sumar a requirir á Fiscalía Xeral do Estado que impedise que o Borkum atracase en Cartaxena.

Tamén Podemos presentara unha denuncia para reter ao cargueiro á súa chegada ao porto e comprobar se transportaba armamento destinado a Israel.

Sumar e Podemos celebraron que o buque Borkum renunciara a facer esa escala, aínda que a formación violeta mantén a súa advertencia de que España podería ser un país de tránsito de armamento para Israel.

"O problema non acaba aquí", recalcou a cabeza de lista de Podemos ás próximas eleccións europeas, Irene Montero, nunha mensaxe na rede social X.

Destaca que "o movemento de solidariedade con Palestina destapou o Borkum", pero pregúntase se España está a ser un país de tránsito para "as armas que se usan no xenocidio", dado que se localizaron "varios barcos en 3 días sospeitosos de facer escala en España para levar armas a Israel".

O portavoz de Sumar no Congreso dos Deputados, Íñigo Errejón, pensa que isto é un triunfo.

"Vitoria! Tiñamos razón. Esperamos as desculpas mañá. A presión social serve, plantar cara serve. Ningunha complicidade co xenocidio", escribiu Errejón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade