Albares envíalle unha nova carta a Metsola para pedir o uso do catalán, o éuscaro e o galego na Eurocámara

Esta é unha das primeiras esixencias de Junts para apoiar a investidura de Pedro Sánchez
O ministro de Asuntos Exteriores Albares explicou no Congreso que segue negociando con Bruxelas para que o catalán, o éuscaro e o galego sexan linguas cooficiais no Parlamento Europeo, un obxectivo para o que pediu o apoio dos grupos.
"Durante a súa visita a Madrid volvín pedirlle á presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, a inclusión destas linguas como oficiais no Parlamento, e volvín formalizalo mediante unha carta. Súmense a este obxectivo común para que o catalán, o eúscaro e o galego pasen formar parte do rexime multilingüístico da Unión".
Esta é unha das primeiras esixencias de Junts para apoiar a investidura de Pedro Sánchez. O debate sobre a oficialidade do catalán, o galego e o éuscaro nas institucións europeas foi aprazado ata que se conclúan os informes sobre o impacto da iniciativa.