Publicador de contidos
Publicador de contidos

Albares non quere "anticipar" se España recoñecerá ao Estado palestino o próximo 21 de maio

Albares non quere "anticipar" se España recoñecerá ao Estado palestino o próximo 21 de maio

Deixou claro que a decisión de facelo está xa "tomada"

Incidiu en que a decisión se coñecerá cando a adopte o Consello de Ministros

G24.gal 09/05/2024 09:40

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, non quixo "anticipar" se España recoñecerá o Estado palestino o próximo 21 de maio, como anticipa a televisión pública irlandesa, pero deixou claro que a decisión de facelo está xa "tomada".

En declaracións aos medios antes de participar nun acto con motivo do Día de Europa xunto ao Alto Representante para a Política Exterior da UE, Josep Borrell, incidiu en que a decisión se coñecerá cando a adopte o Consello de Ministros e deixou claro novamente que España é un país soberano para dar este paso e non ten que facer "seguidismo" nesta cuestión.

Con todo, reiterou que o Goberno segue traballando con outros países europeos para proceder ao recoñecemento de Palestina de forma concertada cando sexa o momento adecuado. Así mesmo, defendeu que recoñecer o Estado palestino é unha cuestión de "xustiza" e tamén de "humanidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade