Alberto Quiles estaría encantado coa chegada de Lucas Pérez
Alberto Quiles estaría encantado coa chegada de Lucas Pérez
Quiles: "Non falamos de Lucas Pérez no vestiario. Oxalá veña"
Alberto Quiles recibiu por segundo mes consecutivo o premio ao mellor xogador do Deportivo. O goleador branco e azul está a recuperar a súa mellor versión e espera seguir sumando recoñecementos:
"Creo que van tres, o ano pasado seguro que foron tamén tres ou catro. Cando che dan premios significa que o estás facendo ben e oxalá non sexa o último"
Falou Quiles da posible incorporación no inverno dun socio para o ataque:
"Non falamos de Lucas Pérez no vestiario. Oxalá veña. Un xogador que está a meter goles en Primeira… aquí viríanos de luxo. Oxalá se poida facer e se vén agora, mellor. Se non, o ano que vén ou cando poida, pero que veña".
Tras a mala imaxe en Badaxoz, "non nos saíu nada e a derrota foi xusta", o Deportivo mostrou unha cara diferente ante o Racing, "foi o Dépor que se estaba vendo, o do Córdoba, do Fuenlabrada, da Cultural…" e Quiles espera pechar ben o ano en Ceuta.