Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alberto Quiles: "Fóra da casa pode ser que haxa un pouco de psicose"

Alberto Quiles: "Fóra da casa pode ser que haxa un pouco de psicose"

O dianteiro defendeu o traballo de Óscar Cano

Foto @RCDeportivo
G24.gal 05/04/2023 11:09 Última actualización 05/04/2023 12:33

Alberto Quiles, máximo goleador do Deportivo con 11 goles, repasou en conferencia de prensa a actualidade do club. O dianteiro onubense recoñeceu que cando o equipo recibe un golpe fóra de casa entra nunha espiral de frustración, de "psicose" segundo as súas propias palabras.

"Se lle gañamos ao Fuenlabrada e imos a Ferrol e pegamos un golpe na mesa, iso cambiará. Sigo pensando que o ascenso directo é moi posible".

Máis cuestionado que os xogadores está Óscar Cano, para cuxa defensa Alberto Quiles non se aforrou argumentos:

"Ademais de adestrador, é como un pai. Pregúntache como estás, como che atopas… é importante que un adestrador sexa próximo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos