Alcaldes de Ferrolterra din que a falta de solo industrial frea o desenvolvemento da comarca
Alcaldes de Ferrolterra din que a falta de solo industrial frea o desenvolvemento da comarca
Alcaldes de Ferrolterra denuncian que a falta de solo industrial está a frear o desenvolvemento económico da comarca e que propicia a marcha dos emprendedores. Así llo trasladaron ao novo presidente da Sepes, que se comprometeu a pór en marcha medidas como o alugueiro de parcelas con dereito a compra como se fai noutros polígonos.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, ve necesario que o Goberno tome as rendas neste asunto. "Que o Estado tome as rendas, que intensifique a súa presenza no país e que lles dea cobertura ás poboacións que teñen aspiracións de mellorar, de reter o talento", asegurou.
"Non nos conformamos de ver cada día ducias de rapaces e rapazas que se formaron aquí, na educación pública galega, teñen que emigrar para iniciar o seu proxecto vital", lamentou González Formoso.