Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaraz avanza con paso firme no Masters 1000 do Canadá

Alcaraz avanza con paso firme no Masters 1000 do Canadá

O do Palmar derrotou a Ben Shelton e clasificase a octavos

O español Davidovich tamén en octavos tras eliminar comodamente a Zverev

G24.gal 10/08/2023 13:27

O número un do mundo do tenis acaba de estrearse en Toronto con triunfo no Másters 1000 do Canadá.

Carlos Alcaraz é o principal favorito e non defraudou no arranque. Superou a Ben Shelton por seis-tres e sete-seis. Non foi un partido espectacular, se cadra, pola falta de ritmo de Alcaraz pero a actuación resultou suficiente para avanzar no torneo.

Esta madrugada o murciano vaise medir ao polaco Hubert Hurkacz, número 15 do mundo.

Neste torneo o malagueño Alejandro Davidovic tamén pasou a oitavos de final tras superar con sorprendente facilidade o alemán Zverez. Seis-un e seis dous foi o resultado nunha hora de partido.

Davidovic vaise medir esta tarde ás 17:00 ao noruegués Casper Ruud.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade