Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martín de la Puente consegue unha histórica clasificación para semifinais

Martín de la Puente consegue unha histórica clasificación para semifinais

Un español nunca chegara a semifinais a nivel individual

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 04/09/2024 17:18 Última actualización 04/09/2024 17:24

O tenista en cadeira de rodas vigués Martín de la Puente fixo historia este mércores en París ao clasificarse para as semifinais dos Xogos Paralímpicos, ás que nunca chegara un español a nivel individual, ao derrotar a francés Stephane Houdet.

Martín de la Puente, número tres da clasificación mundial, impúxose na pista principal de Roland Garros, a Philippe-Chatrier, ao tenista galo por 6-2, 4-6 e 6-1, en dúas horas e tres minutos.

O galego, de 25 anos, venceu en primeira rolda ao arxentino Ezequiel Gasco, en oitavos ao neerlandés Maikel Scheffers e en cuartos ao francés Houdet.

O rival de Martín de la Puente en semifinais será o británico Alfie Hewett, número uno do mundo, mentres que a outra semifinal disputarana o arxentino Gustavo Fernández e o xaponés Tokito Oda

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos