Publicador de contidos
Publicador de contidos

De La Puente loitará polo bronce en dobres e busca a gloria no cadro individual

De La Puente loitará polo bronce en dobres e busca a gloria no cadro individual

Perderon na semifinal contra a parella xaponesa do xeito máis cruel logo dun emocionante súper tie break (10-8)

G24.gal 05/09/2024 08:32

Martín de la Puente rozou a gloria paralímpica pero quedou ás portas da final en dobres xunto a Caverzaschi. Caeron ante a parella xaponesa, número un do mundo, nun emocionantísimo súper tie break que se decidiu nos derradeiros puntos. Os españois levaron o primeiro set por 5-7 pero os xaponeses reaccionaron e igualaron o partido na segunda manga (6-2). Todo quedou para a morte súbita, que caeu do lado nipón por 10-8. Agora tocaralles loitar pola medalla de bronce ante da parella francesa, loitando contra os rivais e o público. 

Agora, o tenista vigués ten que refacerse e mirar para o cadro individual porque tamén se atopa nas semifinais e con opción de asegurar medalla. Terá, iso si, que derrotar a Alfie Hewett. O británico é un dos mellores xogadores do mundo e acaba de derrotalo hai un mes na histórica final de Wimbledon. Martín buscará darlle a volta a aquel resultado e seguir facendo historia no tenis en cadeira de rodas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos