Alcaraz avasala a Shang en pouco máis dunha hora
Alcaraz avasala a Shang en pouco máis dunha hora
Gañou por un dobre 6-1 e retirada do chinés no terceiro set
Agora enfrontarase a Miomir Kecmanovic
Non tivo para empezar Carlos Alcaraz diante do chinés Shang, un xogador de 18 anos que sorprendera meténdose en terceira rolda. Máis que un partido foi un adestramento con público para o xogador español que non tivo piedade dun rival superado pola situación.
O primeiro set acabou pola vía rápida. 6-1 en media hora sin que Shang puidera dar réplica aos golpes dun Alcaraz que non quería confianzas. O segundo set tivo exactamente o mesmo guión. Co 4-1 o chinés pediu a asistencia, volveu a perder por 6-1 e no terceiro tirou a toalla cando o murciano gañara o primeiro xogo.
Alcaraz xa está na cuarta rolda onde se atopará o serbio Kecmanovic, verdugo de Tommy Paul.