Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaraz varre a Safiullin e segue noutro planeta

Alcaraz varre a Safiullin e segue noutro planeta

O murciano impuxo o seu ritmo de partido e gañou en dous sets (4-6 e 2-6)

No día de hoxe, ten que xogar tamén en dobres con Rafa Nadal

Alcaraz loita por salvar unha bóla. EFE Alcaraz loita por salvar unha bóla. EFE
G24.gal 31/07/2024 16:08

Alcaraz segue ao seu. O tenista murciano non tivo piedade co ruso Roman Safiullin (4-6 e 2-6) e certificou o seu pase á seguinte rolda. O primeiro set estivo igualado e o rival mostrou resistencia, pero xa no segundo, Carlos foi moi superior e rematou o traballo con facilidade.

A potencia e a gran colocación do español foron claves, e Safiullin non foi quen de empatar un partido que tivo pouca historia. O murciano foi superior en todo momento e demostrou porque está no olimpo do tenis actual.

Non é o seu único partido do día. Os estadounidenses Austin Krajicek e Rajeev Ram serán os rivais, e Rafa Nadal, xa eliminado no cadro individual, o seu fiel compañeiro. Non o terán fácil os españois, que queren seguir vivos e alcanzar a medalla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos