Alcaraz e Djokovic volven citarse na final de Cincinnati
Alcaraz e Djokovic volven citarse na final de Cincinnati
O español salvou unha bóla de partido diante de Hurkacz e acabou gañando en tres sets
Carlos Alcaraz-Novak Djokovic, número un contra número dous. O Másters 1.000 de Cincinnati terá a mellor final posible despois de que Alcaraz triunfara coa épica diante do polaco Hurkacz e Djokovic se impuxera ao alemán Zverev en semifinais.
Alcaraz afianza a primeira posición mundial ata o Aberto dos Estados Unidos logo de salvar unha bola de partido diante de Hurkacz nun partido moi complicado (2-6, 7-6, 6-3).
Djokovic gañou por 7-6 e 7-5 a Zverev e iguala a Nadal e Lendl con 1.068 vitorias na era Open, a terceira mellor marca de todos os tempos.
Será a primeira final neste torneo para Alcaraz á procura do seu sétimo título da temporada e a quinta coroa nun Másters 1.000 despois de acadar as de Miami e Madrid (2022) e as de Indian Wells e Madrid en 2023.