Alcaraz estrélase no Aberto dos Estados Unidos
Alcaraz estrélase no Aberto dos Estados Unidos
Perdeu na segunda rolda contra Van de Zandschulp en tres sets dun xeito claro e contundente
Carlos Alcaraz estrelouse contra Van de Zandschulp, número 74 do mundo, e caeu eliminado na segunda rolda do Aberto dos Estados Unidos. O tenista español perdeu en tres sets de xeito claro diante do neerlandés por 6-1, 7-5 e 6-4 en dúas horas e 19 minutos.
Campión de Roland Garros e Wimbledon este ano, ademais de gañar a prata nos Xogos de París, o número 3 da ATP non sufría unha derrota tan cedo nun Grand Slam desde o ano 2021 en Wimbledon. Ata o de agora é o segundo peor resultado no cadro principal dun dos catro grandes.
Foi unha noite moi desafortunada e chea de impotencia para o murciano, fóra do partido tanto mental como físicamente. Van de Zandschulp, sen títulos na súa carreira (só dúas finais en Múnic) e logo de perder os dous partidos anteriores como Alcaraz, agasallou ao público cun partido inesquecible e acadou a vitoria máis importante da súa traxectoria profesional.