Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaraz mantense firme en Wimbledon e alcanza os cuartos de final

Alcaraz mantense firme en Wimbledon e alcanza os cuartos de final

Derrotou o francés Humbert en catro sets (6-3, 6-4, 1-6, 7-5) e enfrontarase a Tommy Paul, que lle gañou ao tamén español Roberto Bautista

No cadro feminino, Paula Badosa caeu nos oitavos ante a croata Vekic

G24.gal 07/07/2024 17:41

Pasouno mal para eliminar o complicado Tiafoe e precisou doutra dose de sufrimento diante doutro francés como Ugo Humbert. Carlos Alcaraz métese por segunda vez na súa carreira nos cuartos de final de Wimbledon despois de resolver o encontro de oitavos en catro sets: 6-3, 6-4, 1-6 e 7-5.

Nun dos peores días que se lembran en Wimbledon pola chuvia, Alcaraz comezou xogando o seu tenis nos dous primeiros sets. Enfronte un especialista en herba, cun título en Halle, pero que perdeu por 6-3 e 6-4 diante da calidade de Alcaraz. 

Pero no terceiro set o murciano sufriu unha das súas clásicas desconexións e Humbert, sen nada que perder, completou un terceiro set perfecto con só dous erros non forzados polos dez de Alcaraz (1-6). Só un xogador como el pode pasar de gañar tres puntos ao resto en todo o set a rachar en branco o primeiro xogo do cuarto set. 

O que non lle funcionaba era o saque. Perdeuno por cuarta vez consecutiva e permitiu que Humbert seguise no partido. O carrusel de roturas era impropio da superficie e chegou o cuarto set empatado ao undécimo xogo (5-5). Outro xogo gañado co saque do rival permitiulle coller unha vantaxe que xa non soltaría anotando o definitivo 7-5. 

Derrota de Paula Badosa

No cadro feminino xa non quedan representantes do tenis español logo da eliminación de Paula Badosa. Nun partido interrompido varias veces pola chuvia a española perdeu o primeiro set 6-2, remontou no segundo (1-6) pero no terceiro non puido coa croata Vekic (6-4). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar