Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaraz, medalla asegurada e cos ollos no ouro

Alcaraz, medalla asegurada e cos ollos no ouro

O tenista español meteuse na final despois de gañar en dous sets (1-6 e 1-6) contra o canadense Auger-Aliassime

Xoga ser campión olímpico no último partido contra o vencedor do Djokovic-Musetti

Alcaraz, nun lance do xogo. EFE Alcaraz, nun lance do xogo. EFE
G24.gal 02/08/2024 14:49

Outra final para Alcaraz. Desta vez, en primicia na súa corta carreira, é olímpica. O mozo de Murcia loitará polo ouro nun partido que ten ilusionados a todos os españois. Nas semis, pasou por enriba do canadense Auger-Aliassime, que non opuxo resistencia e claudicou en dous sets (1-6 e 1-6).

O partido tivo cor vermella de principio a fin. Auger-Aliassime non puido facer nada, bailou ao son de Alcaraz e cravou o xeonllo en canto puido. So dous sets para un canadense que baixou os brazos moi rápido.

Agora, Alcaraz ten asegurada a loita polo ouro e a prata na gran final. Espera rival, e pode ser Djokovic, o verdugo de Rafa Nadal. Se o serbio non gaña, será o italiano Lorenzo Musetti. Sexa quen sexa, o murciano ten o ouro entre cella e cella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos