Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaraz pasa por riba de Arnaldi e chántase nos cuartos de final do US Open

Alcaraz pasa por riba de Arnaldi e chántase nos cuartos de final do US Open

Resolveu o partido en tres sets (6-3, 6-3, 6-4) e agora medirase a Zverev

G24.gal 04/09/2023 21:19 Última actualización 04/09/2023 21:36

Carlos Alcaraz segue firme no seu camiño de repetir título no US Open. Derrotou ao italiano Matteo Arnaldi (22 anos) nos oitavos de final e xa está na rolda de cuartos (6-3, 6-3, 6-4) onde se verá as caras con Zverev. 

O tenista español demostrou o bo momento que está a pasar nos Estados Unidos. No primeiro set rompeu o saque de Arnaldi no sexto xogo, e chegoulle para gañar por 6-3. No segundo, non agardou moito para volver romper o servizo do seu rival. No primeiro xogo xa logrou o break e foino mantendo ata o 5-3, en que volveu gañar o saque de Arnaldi. 

O terceiro foi o máis complicado. Matteo Arnaldi foi o primeiro que conseguiu o break, pero respondeu deseguido o murciano. Así ata o décimo xogo do partido, con 5-4 para Alcaraz, en que a responsabilidade lle pesou ao italiano (6-4). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar