Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaraz recupera a mellor versión e cítase con Tsitsipas en cuartos

Alcaraz recupera a mellor versión e cítase con Tsitsipas en cuartos

Derrotou a Auger Aliassime con máis facilidade da agardada (6-3, 6-3, 6-1)

G24.gal 02/06/2024 16:47

O murciano Carlos Alcaraz segue coa súa progresión ascendente en Roland Garros, onde por terceiro ano consecutivo alcanzou os cuartos de final logo de derrotar o canadiano Felix Auger Aliassime por 6-3, 6-3 e 6-1. Enfrontarase ao grego Stefanos Tsitsipas nos cuartos, rival ao que xa derrotou nesa mesma eliminatoria no ano 2023. 

O número 3 do mundo precisou dúas horas e vinte minutos para sacar da pista a un rival diante do que encadea tres triunfos e que opuxo menos resistencia da que indica a súa clasificación no ránking mundial (número 21). 

O único que tivo emoción foi o primeiro set. Comezou con rotura de servizo por parte de Aliassime pero Alcaraz respondeu cedo e igualou. Volveu a ter un saque con 0-40 que conseguiu aguantar e a partir dese intre acabou a resistencia do canadense. O primeiro set acabou cun 6-3 que repetiría no segundo. No terceiro pasoulle por riba (chegou a ter un 5-0) cun Aliassime que xa baixara os brazos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar