Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaraz regresa a Australia cun triunfo en tres sets sobre Gasquet

Alcaraz regresa a Australia cun triunfo en tres sets sobre Gasquet

Pasouno mal no primeiro, que tivo que decidirse no tie break, pero logo asoballou o seu rival

G24.gal 16/01/2024 15:22

Carlos Alcaraz, segundo cabeza de serie, regresou á pista Rod Laver Arena despois de dous anos cunha vitoria sobre o francés Richard Gasquet por 7-5 (5), 6-1 e 6-2 na primeira rolda do Aberto de Australia. O murciano, que empregou 2 horas e 22 minutos, enfrontarase na seguinte eliminatoria ao italiano Lorenzo Sonego que derrotou ao británico Daniel Evans. 

Alcaraz, que non puido xogar o ano pasado por lesión, pasouno mal no primeiro set no que o veterano francés aguantou o seu servizo e conseguiu levalo ao tie break. Aí, a calidade do español decidiu e deixou moi encamiñado o partido. 

Gasquet (37 anos) acusou o cruel desenlace do primeiro acto e tardou en recuperarse no segundo. Cando se quixo decatar Alcaraz xa rachara o seu saque en dúas ocasións e levou o parcial por 6-1 en media hora. O terceiro set foi unha réplica do segundo cun desatado Alcaraz que atou de mans un Gasquet que perdeu a paciencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar