Publicador de contidos
Publicador de contidos

Haberá tres etapas galegas na Volta a España 2005

Haberá tres etapas galegas na Volta a España 2005

Só a provincia da Coruña queda fóra do libro de ruta no 90 aniversario da rolda española

G24.gal 20/12/2024 10:49 Última actualización 20/12/2024 10:53

Presentouse a Volta a España do 2025, unha Volta que terá unha importante presenza polas estradas galegas. Galicia foi no 2024 o escenario de catro etapas na carreira que gañou o esloveno Primoz Roglic.

Na rolda do 2025 serán tres as etapas galegas. A etapa 15 partirá de Asturias, da Veiga, e chegará a Galicia con meta en Monforte de Lemos. Na etapa 16, a saída será en Poio e a chegada no castro de Erville, en Mos. Na 17, outra tirada con arranque no Barco de Valdeorras  e meta no Alto de Morredero, en Ponferrada.

A Volta comeza o sábado 23 de agosto no Piamonte italiano e finalizará o domingo 14 de setembro en Madrid. Só a provincia da Coruña queda fóra do libro de ruta no 90 aniversario da rolda española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos