Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alemaña faise co control das refinerías da petroleira rusa Rosneft no país

Alemaña faise co control das refinerías da petroleira rusa Rosneft no país

O executivo xermano fixera o mesmo en abril coa filial local de Gazprom

G24.gal 17/09/2022 09:45 Última actualización 17/09/2022 10:05

O Goberno de Alemaña decidiu facerse coa totalidade do control das refinerías que a petroleira estatal rusa Rosneft posúe no país, tal e como fixo coa filial local de Gazprom no mes de abril, segundo informa o Ministerio de Asuntos Económicos e Acción Climática nun comunicado.

En concreto, o executivo xermano nomea a Axencia Federal de Redes como administradora temporal de Rosneft Deutschalnd e RN Refininig & Marketing. Estas empresas son donas de tres refinerías no país que acumulan o 12 % da capacidade de refino de Alemaña.

"A xestión fiduciaria contrarresta o risco inminente á seguridade de subministración enerxética", subliña no texto.

Aínda que Rosneft importa cada mes millóns de euros de petróleo cru desde Rusia cara a Alemaña, as operacións da filial están perigo porque outras empresas non están dispostas a traballar con Rosneft nin coas súas refinerías.

Xestor de crise

A Axencia Federal de Redes nomeou o socio da firma Brinkmann & Partner Christop Morgen como conselleiro delegado das dúas empresas de Rosneft. O organismo asegura que é "un xestor de crise con moita experiencia nun amplo rango de industrias, incluíndo o sector enerxético".

Deste xeito, os dereitos de votación da totalidade de accionistas das filiais de Rosneft quedaron excluídos e transfírense á propia Axencia, que ten a potestade de emitir ordes directas sobre a administración do grupo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade