Alemaña estuda recuperar o servizo militar obrigatorio

En Alemaña abolírase no ano 2011

En España é voluntario dende 2002

G24.gal 08/11/2023 14:43

A idea de Alemaña de recuperar a mili obrigatoria xera debate nas rúas galegas.

"O servizo militar está ben como está actualmente, o que queira faino e o que non pois non o fai".

Moitos lembran as súas experiencias no servizo.

"Eu estiven 18 meses na mili e non gañei nada".

Hai claros posicionamentos en contra.

"Eu fíxena e foi un ano perdido na miña vida. Tes que loitar polo teu país pero tamén polas ideas dos que están dirixindo, que moitas veces non son as túas".

E tamén hai quen bota en falta a disciplina do servizo.

"Non hai disciplina como había antes, o que hai agora é máis festa, pero disciplina coma a de antes non hai".

Entre os máis novos tampouco calla a idea.

"Ao paso que imos, imaxínoo, pero eu non a volvería a poñer a verdade".

Apostan polo modelo de España, onde é voluntaria dende 2002.

"É penso que é un traballo de bastante responsabilidade e penso que a xente tense que apuntar de forma voluntaria". 

Tamén atopamos quen, como en Alemaña, pensa que Europa debe estar preparada.

"Con todo o que pasa no mundo, a guerra en Ucraína e agora en Israel... non sabemos que vai pasar e creo que Europa debe estar preparada para defenderse".

Para outros, imaxes coma estas do sorteo da mili, son xa rancias.

"Eu creo que non, que iso é xa unha cousa moi antiga. Hai outros servizos que quizais teñan mais valores para os mozos de hoxe en día".

O debate na rúa está servido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade