Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case 17.000 militares, gardas civís e policías nacionais despregrados en Valencia

Case 17.000 militares, gardas civís e policías nacionais despregrados en Valencia

As principais tarefas diríxense á localización dos desaparecidos, á identificación dos cadáveres, ao reforzamento dos labores de abastecemento da poboación e aos labores propios de seguridade cidadá

G24.gal 04/11/2024 15:39

Case 17.000 efectivos entre militares, gardas civís e policías nacionais están xa despregados nas zonas afectadas pola DINA na provincia de Valencia.

En total, 7.500 homes e mulleres do Exército traballan sobre o terreo e en materia loxística. Son 5.000 efectivos de distintas unidades do Exército de Terra que se suman aos despregados pola Unidade Militar de Emerxencias e o resto de exércitos. 

Entre as tarefas que están a desempeñar, o Ministerio de Defensa destaca a de garantir o abastecemento á poboación de auga e alimentos e o restablecemento de servizos esenciais, así como de dotar os efectivos do material necesario para poder limpar as zonas afectadas ou retirar vehículos. Mobilizáronse 394 vehículos, 42 máquinas de enxeñeiros e 8 helicópteros que están ao servizo dos afectados as 24 horas do día. 

Precisamente este luns chegou ao porto de Valencia o Buque Galicia cun centenar de infantes de mariña a bordo, camións con comida, material de apoio e dous helicópteros. 

A Garda Civil despregou 5.200 axentes. Ata este domingo e, segundo informou o instituto armado, leváronse a cabo máis de 36.115 rescates e auxilios de persoas en poboacións e na estrada.  

O reforzo de efectivos procede de practicamente todas as comandancias de España que formarán 10 unidades duns 50 gardas civís, aos que se une máis persoal dos grupos de reserva e seguridade, do grupo de cabalería e do grupo de acción rápida (GAR). Ademais, aumentou o persoal das tres provincias valencianas que axudará a paliar os efectos da DINA.

A iso sumáse que conta sobre o terreo con persoal de Seguridade Cidadá, agrupación de Tráfico, Grupo de Reserva e Seguridade (GRS), Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM), servizo aéreo, Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS), Policía Xudicial, Seprona, equipo de drons e equipo de identificación de catástrofes, entre outros. 

En canto a medios materiais, disponse de 560 vehículos todo terreo, 4 oficinas móbiles de atención ao cidadán, vehículos especiais do servizo de criminalística, 10 embarcacións lixeiras, 7 helicópteros, e 69 drons. 

Nestes momentos os esforzos da Garda Civil están a dirixirse á localización dos desaparecidos, a identificación dos cadáveres, o reforzamento dos labores de abastecemento da poboación e os labores propios de seguridade cidadá co obxecto de contribuír a alcanzar a normalización da situación canto antes. 

As unidades implicadas, especialmente as da agrupación de tráfico, están a traballar para facilitar o abastecemento por parte dos medios de transporte de produtos básicos e elementos esenciais á poboación, colaborando nos labores de retirada de vehículos e limpeza das vías de comunicación.

4.256 policías nacionais traballan sobre o terreo procedentes de distintas unidades, desde as Unidades de Intervención Policial (UIP) ata o servizo aéreo, efectivos de Científica, Cabalería ou de seguridade cidadá destinados en moitos casos para previr os actos de pillaxe nas zonas afectadas.

Ademais, hai despregados efectivos do GOIT (Grupo Operativo de Intervencións Técnicas) e varios vehículos, entre eles guindastres para retirar vehículos e camións BMR da UIP que están a percorrer rúas dos municipios afectados para despexar as vías e facilitar o paso a outros servizos. 

Desprazáronse tamén os guías caninos e os seus cans: Scottex, Niyun, Darwin, Ko e Ela especializados en Procura, Localización e Recuperación de Restos Humanos e reforzáronse os servizos nas comisarías da zona.  

Os policías tamén participan no transporte de medicamentos e comida nas localidades afectadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade