Xura de bandeira civil e mostra de material militar en Vilagarcía de Arousa
Xura de bandeira civil e mostra de material militar en Vilagarcía de Arousa
A BRILAT celebra o día da Festa Nacional achegando o seu labor á poboación civil
A Brigada Lixeira Aerotransportable de Figueirido, a BRILAT celebrou este sábado en Vilagarcía a Festa Nacional co obxectivo de difundir entre a sociedade civil o seu labor.
No parque de Miguel Hernández houbo unha mostra de equipos de transmisión, de camuflaxe e desactivación de bombas e obuses.
Ver de preto os vehículos e o material militar foi unha grande experiencia para as familias. Montar en vehículos antitanque, ver obuses ou robots dos que desactivan armas ou traxes de camuflaxe completaron a xornada.
Os máis comprometidos apuntáronse tamén á xura de bandeira para poboación civil na que participaron 95 persoas.
O Coronel Andrés González Alvarado, en conversa coa TVG, tamén explicou as campañas levadas a cabo en Eslovaquia e como a BRILAT forma o exército ucraíno. Máis preto de Galicia, aínda traballan na operación Centinela para protexer os montes galegos dos lumes.