Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 3.600 militares xa están a traballar nas localidades asolagadas

Máis de 3.600 militares xa están a traballar nas localidades asolagadas

Hai 1.992 efectivos da UME, 1.093 do Exército de Terra, 286 da Armada e 200 do Exército do Aire

A estes efectivos súmanse 57 da Garda Real e 5 da Inspección Xeral de Sanidade da Defensa

Sánchez anuncia o envío de 5.000 militares máis a Valencia e duplica o número de policías

Militares limpando unha rúa en Riba-roja de Túria. EFE/Manuel Bruque Militares limpando unha rúa en Riba-roja de Túria. EFE/Manuel Bruque
G24.gal 03/11/2024 08:41 Última actualización 03/11/2024 09:03

Un total de 3.633 militares están despregados nas zonas afectada pola DINA, segundo informou o Goberno este sábado pola noite en redes sociais.

O Executivo detalla que hai 1.992 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME); 1.093 do Exército de Terra; outros 286 da Armada e 200 do Exército do Aire. A estes efectivos súmanse 57 da Garda Real e 5 da Inspección Xeral de Sanidade da Defensa.

Así mesmo, segundo informou o Ministerio do Interior, o pasado venres xa había 4.473 gardas civís e policías nacionais nas localidades asolagadas da Comunidade Valenciana.

Viaxe dos reis

Os reis viaxan este domingo á Comunidade Valenciana para acompañar as persoas afectadas. Segundo informan fontes de Zarzuela, don Filipe e dona Letizia visitan a comunidade xunto co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o da Comunidade Valenciana, Carlos Mazón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade