Cargando resultados...
Alerta laranxa no litoral dende a Costa da Morte á Mariña
Alerta laranxa no litoral dende a Costa da Morte á Mariña
O nivel amarelo manterase en toda Galicia durante a xornada do venres
G24.gal
19/01/2023 22:17
O aviso laranxa activo mantivo en alerta boa parte do litoral galego agás o sur, da ría de Arousa ao Miño, onde o nivel é amarelo.
Galicia continua baixo a influencia das baixas presións atlánticas, con fortes ventos do oeste de forzas 7 a 8 que deixan un mar moi alterado tanto na Coruña como na Costa da Morte e tamén na costa cantábrica.
O aviso laranxa está plenamente activo agora mesmo no litoral que vai dende Ribeira ata Ribadeo e seguirá ata a medianoite, cando baixará a nivel amarelo. Un nivel amarelo que se manterá en toda Galicia durante a xornada do venres.