Alerta laranxa por temporal costeiro entre A Guarda e A Estaca de Bares
Alerta laranxa por temporal costeiro entre A Guarda e A Estaca de Bares
Aviso amarelo por chuvia e vento no interior das provincias atlánticas
Entrou unha nova borrasca para animar a quen poida a facer plans de sofá e manta durante o sábado. Onde non chegue a neve haberá ballóns, nalgúns casos de sarabia, vento moi forte e temperaturas baixas.
Están activados avisos amarelos en terra nas provincias occidentais e na Mariña. A previsión fala de ventos de ata 80 quilómetros por hora e acumulados de chuvia de ata 40 litros en 12 horas.
Ademais entre A Guarda e A Estaca de Bares achegarse ao mar será unha temeridade.
O aviso laranxa por temporal costeiro xa está activado e manterase durante a primeira metade da fin de semana. No mar poden rexistrarse ondas e ata 8 metros e os ventos poderían acadar forza 8 no litoral norte da Coruña.