Cargando resultados...
Aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Pontevedra
Aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Pontevedra
O vento soprou con forza sete e as ondas alcanzaron os sete metros de altura
G24.gal
09/03/2024 14:13
Última actualización 09/03/2024 21:09
Varios buques decidiron fondear na ría de Vigo, refuxio habitual cando as condicións do mar impiden unha boa navegación.
O temporal pintou de laranxa o litoral das provincias de Pontevedra e da Coruña por un fenómeno de mar combinado que deixou ventos de forza sete e ondas de máis de sete metros. Na praia da Frouxeira, en Valdoviño, o Atlántico batía con especial crueza.
Na costa lucense o aviso foi amarelo por mar de fondo. Na Mariña e nas comarcas costeiras da Coruña o vento soprou intensamente, con refachos de oitenta quilómetros por hora.
O temporal irá a menos durante a xornada deste domingo. Á noitiña todos os avisos costeiros quedan desactivados.