Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta por seca no río Anllóns, da costa da Coruña a Arteixo

Alerta por seca no río Anllóns, da costa da Coruña a Arteixo

Mantense a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña

EFE 09/10/2023 16:22

A Xunta activou a declaración de situación de alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Anllóns, da costa da Coruña ata o límite de Arteixo.

Segundo acordou este luns a Oficina Técnica da Seca, mantense a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña e actívase a do río Anllóns.

As reservas do encoro de Cecebre, que abastece A Coruña e boa parte da comarca, seguen baixando, cun nivel de ocupación do 43,61 %.

A Xunta avisou, con todo, de que a situación "non é alarmante a curto prazo" desde o punto de vista do abastecemento porque a zona conta cunha reserva importante de auga no lago das Encrobas.

Na reunión determinouse que, aínda que a choiva da primeira quincena de setembro produciron un incremento puntual do caudal medio diario dos ríos, este baixou rapidamente, polo que se recuperaron os valores previos, pero, con todo, espéranse borrascas para a segunda quincena do mes.

Nesta cita tamén se confirmou o mantemento da situación de prealerta ou escaseza moderada nos sistemas do río Lérez e ría de Pontevedra e continúan as medidas equivalentes a este estado de prealerta no subsistema de Baiona.

Ademais, mantense a activación da situación de seca prolongada nos sistemas de explotación do río Mero a Ferrol e do río Mera á ría de Ribadeo.

A ocupación actual do resto de encoros de abastecemento de Galicia-Costa é do 64,44 %, ata 6,16 puntos por encima do nivel rexistrado no mesmo período do ano pasado.

O Goberno autonómico insistiulle aos concellos na necesidade de adoptar medidas para mellorar a situación e levar a cabo un labor de concienciación cidadá para promover un consumo responsable da auga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos