Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta vermella este venres na costa de Lugo e en parte do litoral da Coruña

Alerta vermella este venres na costa de Lugo e en parte do litoral da Coruña

No restante litoral galego quedará activada a alerta laranxa

Esta medianoite activarase tamén a alerta laranxa por vento no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, onde se poderán alcanzar refachos de ata 100 km/h

G24.gal 19/10/2023 14:04 Última actualización 19/10/2023 21:12

 Na provincia da Coruña a alerta vermella activada pola Xunta para este venres afecta toda a costa oeste e noroeste.  Desde medianoite calquera actividade no mar é unha temeridade. O risco é extremo porque haberá moito mar de fondo e ondas de ata dez metros. 

 

"Non achegarse a zonas de praias, a zona de portos porque as ondas e o vento nos poden poñer en situación de perigo. E limitar as actividades nauticas estes días. Non arriscar", di Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias.
 

 Os grandes barcos buscan abeiro. Está avisada a frota, os clubs náuticos, pero tamén os concellos, servizos provinciais e de Protección Civil.  O perigo pode vir do mar, pero tamén do ceo. E aínda que o peor do temporal pasará durante as horas nocturas hai que ter en conta que o vento pode acadar os cen quilómetros por hora. 

 

"Tellas que saen voando, eses testos que temos nos balcóns. Temos que intentar retirar todo o que teñamos nos balcóns porque poden caer abaixo. Tamén fixar os valados e asegurar os guindastres, tanto os que están en zona marítima como terrestre", afirma Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

 

E na estrada, conducir con prudencia porque poden formarse balsas de auga. Recomendacións a ter en conta para evitar que a borrasca Aline non sume accidentes irreparables ao regueiro de incidentes que xa deixou ao seu paso por Galicia. 

A Mariña tamén en aviso vermello

A calma que precede a tempestade reinaba na Mariña nas últimas horas, antes do temporal. A Axencia Estatal de Metereoloxía informou de que traerá ondas de 8 metros de altura e ventos de forza 8 que poderían acadar os 100 quilómetros por hora.

 

Con esta previsión, desaconséllase calquera actividade no litoral, incluído achegarse aos diques, ás praias ou aos cantís. De feito, mesmo a frota de altura vai permanecer amarrada nos portos, coma neste de Burela, á espera de que pase o temporal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade