Álex López: "Séguese falando de que o racinguismo está máis vivo ca nunca"
Álex López: "Séguese falando de que o racinguismo está máis vivo ca nunca"
O capitán racinguista quere un equipo ordenado pero perigoso, sen que o éxito da temporada pasada supoña unha presión maior
Álex López cumprirá outro ano máis nas filas do Rácing de Ferrol. Esta xa supón a súa sexta campaña tras a súa volta á casa. Afronta a nova competición con gana e ilusión, preparado para o que vén e sen que a boa última temporada supoña unha presión engadida.
A pretemporada quizais non foi a soñada en canto a resultados. Malia todo, Álex réstalle ferro ao asunto e afirma que "as pretemporadas son o que son", baseándose na súa experiencia que lle di que non hai que botar as mans á cabeza. Para el, o máis importante é adaptarse e coller ritmo, especialmente incluíndo ás novas caras que chegan ao equipo.
Outro dos motivos para a ilusión é o grande apoio mostrado pola afección racinguista. No día de hoxe anunciouse que o club superou amplamente a marca do ano pasado. Para Álex é moi importante, e destaca que xa se fala de que "o racinguismo está máis vivo ca nunca".