Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álex López seguirá capitaneando a nave do Racing

Álex López seguirá capitaneando a nave do Racing

O xogador ferrolán (36 anos) renova por unha temporada

G24.gal 08/07/2024 19:52

A través dun vídeo nas súas redes sociais esta tarde o Racing de Ferrol confirmou que o capitán Álex López seguirá formando parte do cadro de xogadores. Malia crear algo de intriga, finalmente o propio xogador pechaba calquera misterio. Aos seus 36 anos, Álex López renova por unha temporada máis.

Da canteira do equipo ferrolán, Álex volveu á casa en 2019 para xogar na Segunda B. A súa achega tanto dentro como fóra do campo é fundamental para facer equipo. Na última temporada, na que volveu atoparse co fútbol de Segunda División, tivo uns bos números. Participou en 32 partidos, 14 deles como titular, e marcou un gol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos