Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álex Suarez: "Hai que facer borrón e conta nova. As vitorias chegarán"

Álex Suarez: "Hai que facer borrón e conta nova. As vitorias chegarán"

O ala-pivote obradoirista regresou ás pistas un mes despois

G24.gal 20/03/2022 09:59

A derrota no Sar do conxunto santiagués ante Unicaja tan só tivo un aspecto positivo: o regreso tas varias xornadas mancado do xogador balear Álex Suarez. Con el falou a Radio Galega nada máis rematar o encontro da Liga ACB desputado onte en Santiago.

"Ben, estou collendo ritmo pouco a pouco. Tentei axudar aos compañeiros. No primeiro cuarto meteron canastras, sacáronnos da pista e logo volvemos, pero xa era tarde. Debemos seguir traballando para que cheguen as vitorias. Debemos facer borrón e conta nova e pensar nos seguintes partidos. Os resultados chegarán".

Durante o encontro, a piques de rematar, un esvaecemento dunha cámara de televisión nas gradas do Sar puxo os nervios a flor de pel pero na propia conexión a pé de pista Alfonso Pardo puido reunir a información suficiente para coñecer que todo quedaba nun susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos