Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alfon dispara o Celta Fortuna á fronte da 1ª RFEF e amarga a estrea de Alves

Alfon dispara o Celta Fortuna á fronte da 1ª RFEF e amarga a estrea de Alves

O gol do dianteiro celeste achega o filial ao campionato de inverno nun primeiro tempo no que puideron golear

G24.gal 02/01/2024 21:08

O Celta Fortuna comeza o ano tal e como rematou o 2023. O equipo de Claudio Giráldez non se cansa de gañar e o triunfo no Anxo Carro diante do Lugo consolida o primeiro posto dun filial celeste que está a piques de acadar o título de campión de inverno. 

Chegou un solitario gol de Alfon no minuto 15 para resolver o partido. O equipo vigués foi moi superior na primeira parte en que xerou ocasións dabondo para irse cunha vantaxe maior. 

No Lugo estreábase Paulo Alves como técnico e non serviu como revulsivo. O equipo estivo frouxo no primeiro tempo e no segundo, malia a mellora, non acabou de xerar oportunidades de perigo. 

Terá moito que mellorar o cadro lucense que se afasta dos postos de privilexio, unhas posicións nas que está moi asentado o Celta Fortuna. De longo, o mellor equipo da categoría ata o de agora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos