Cargando resultados...
A incidencia en Allariz supera xa os 500 casos por cada 100.000 habitantes
A incidencia en Allariz supera xa os 500 casos por cada 100.000 habitantes
No concello hai hoxe 35 positivos
Na provincia de Ourense contabilizan 295 contaxiados
G24.gal
15/11/2021 14:27
Preocupación na rúas de Allariz ante a suba de contaxios de coronavirus nas últimas semanas. A incidencia acumulada a 14 días sitúase nos 560 casos por cada 100.000 habitantes e o Segas informa de 35 casos activos a día de hoxe. Viaxes e visitas turísticas poderán estar detrás deste aumento da incidencia e os veciños piden manter as precaucións.
Na provincia de Ourense hai 295 casos activos, con dúas persoas ingresadas na UCI e outras 13 en hospitalización convencional. A Xunta traballa para evitar que a vaga de contaxios se espalle por Galicia. Na fin de semana non se rexistraron víctimas mortais pola covid na área sanitaria de Ourense.