Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alma Pérez, medalla de prata no Campionato de Europa de taekwondo

Alma Pérez, medalla de prata no Campionato de Europa de taekwondo

Perdeu nunha axustada final diante da turca Zeliha Agris (8-6)

G24.gal 19/05/2022 16:23 Última actualización 19/05/2022 22:00

Alma Pérez, deportista do Club Boiro de Taekwondo, levou a medalla de prata nos Campionatos de Europa que se celebran en Manchester na categoría de -53 kg. Alma quedou a un paso de levar o ouro nunha final moi disputada coa turca Zeliha Agris. 

A boirense dominou os dous primeiros asaltos con dúas patadas que lle permitiron colleitar unha mínima vantaxe (4-6). A súa rival reaccionou no derradeiro asalto e sumou os catro puntos que lle permitiron levar o ouro (8-6). 

Alma Pérez asegurara a medalla na xornada da mañá na que conseguira meterse na final. Ao saír de cabeza de serie a deportista boirense librou da primeira rolda, impúxose nos oitavos de final á representante de Chipre 18-13 e nos cuartos á lituana 13-4, para posteriormente tombar 15-5 a representante croata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos