Julia Cabarcos: "Aínda estou baixando da nube"
Julia Cabarcos: "Aínda estou baixando da nube"
A vilalbesa acaba de acadar o bronce no Mundial de Culturismo
Tras a parada pola pandemia, Julia Cabarcos volveu sentir o éxito no culturismo. Acabou terceira o campionato do Mundo recentemente disputado e este sábado estivo presente na previa do encontro que enfrontou na Madalena ao Rácing Vilalbés e a X. Torrelavega.
"Aínda estou baixando da nube en que estiven estes días porque soa un pouco normal pero pensando friamente é algo para celebrar. Conseguín ser campioa de España no 2019, logo pasei uns anos de descanso para quitar o estrés, descansar a mente, e este ano decidín volver competir e fíxeno de corrido. Por pedir gustaríame estar de primeira, pero hai que ir pasiño a pasiño. Coller o punto exacto de musculación, o que buscan é moi difícil, sobre todo nas mulleres".