Roi Alonso: "O que máis orgullo nos dá é que a xente se divirte"
Roi Alonso: "O que máis orgullo nos dá é que a xente se divirte"
O director deportivo do MRCYB analizou o Trofeo Príncipe de Asturias no marco dos Premios Nacionais de Vela
Baiona está sendo, esta fin de semana, o epicentro da vela nacional. Coa disputa dunha nova edición do Trofeo Príncipe de Asturias, a vila pontevedresa aproveitou para acoller a entrega dos Premios Nacionais de Vela. Roi Alonso é o director deportivo do MRCYB e analizou para a Radio galega a competición.
"A segunda xornada tivo mellores condicións, con máis vento, entraron en liza outras clases e recuperamos mangas do día anterior. O bo é que hai moita igualdade e moi poucos puntos de diferencia entre as embarcacións. Tiñamos medo e neste verán houbo citas nas que baixou a participación. Tiñamos medo do espacio no porto. A acollida foi moi boa, temos moitas tripulacións portuguesas, cántabras, vascas, galegas bastantes. É unha proba que serve de antesala para o Campionato de España e logo para o Mundial. O máis importante é que se pode navegar e o que nos dá orgullo é que a xente se divirte"