Cargando resultados...
Alvariño acada a prata na competición individual dos Xogos Europeos
Alvariño acada a prata na competición individual dos Xogos Europeos
Superou tres roldas, pero acabou perdendo co alemán Unruh na final por 2-6
G24.gal
29/06/2023 16:24
Miguel Alvariño segue demostrando ser un dos mellores tiradores con arco do mundo. Chegou á final individual dos Xogos Europeos, ao igual que fixera na competición mixta, pero desta volta perdeu contra o alemán Florian Unruh.
Alvariño superou nos oitavos de final ao eslovaco Duchon por un apertado 6-5. Nos cuartos de final derrotou ao turco Gazoz por 6-4 e nas semifinais desfíxose do romanés Olaru por 6-2.
Na final atopouse cun Unruh case infalible que aproveitou os poucos erros que cometeu o galego para adxudicarse o título.