Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ouro para un Miguel Alvariño que apunta a París 2024

Ouro para un Miguel Alvariño que apunta a París 2024

Miguel Alvariño e Elia Canales logran o ouro nos Xogos Europeos

G24.gal 25/06/2023 15:36

O pontés Miguel Alvariño xunto a súa compañeira Elia Canales lograron o ouro na categoría de tiro con arco mixto.

Con esta vitoria nos Xogos Europeos, España asegura a sua clasificación nos Xogos Olímpicos de París no 2024. Aínda así, Miguel Alvariño e Elia Canales non terán a súa presenza asegurada no evento olímpico, pois terán que competir por esa praza fronte ao resto de deportistas nacionais desta categoría.

O galego fixo unha gran final comezando a remontada no primeiro set para que o empatase a súa compañeira no derradeiro tiro. A parella española foi mellorando o seu rendemento e conseguiu dobregar aos ucraínos nos seguintes sets. O resultado final sería de 5-1.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade