O arqueiro Miguel Alvariño renuncia a participar nos Xogos Olímpicos
O arqueiro Miguel Alvariño renuncia a participar nos Xogos Olímpicos
O tirador pontés, que chegou a ser o número 1 do mundo, non se atopaba en condicións anímicas para afrontar a clasificación
Despois de participar nos Xogos de 2016 o soño de Miguel Alvariño era repetir a experiencia olímpica. Durante moitos anos foi o mellor lanzador con arco de España e conseguiu a clasificación para España para Tokyo 2020. Daquela recibira un dos meirandes golpes deportivos da súa vida cando a Federación non lle deu a praza a el e estableceu uns criterios de clasificación que o acabaron sacando da posibilidade, unha praza que acabou na man do tamén pontés Castro.
No ciclo olímpico a súa bagaxe foi brillante e chegou a converterse no mellor arqueiro do mundo. Pero unha vez publicados os criterios da Federación para París 2024 Alvariño volveu sentir que non se ía facer xustiza cos seus merecementos. Nun comunicado, Alvariño asegura que renuncia á carreira olímpica para "centrarse na súa saúde mental".