Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Alvariño: "Levo moitos paus psicolóxicos nos últimos anos, é o momento de parar"

Miguel Alvariño: "Levo moitos paus psicolóxicos nos últimos anos, é o momento de parar"

Alvariño cuestiona os criterios de clasificación olímpica da Federación

G24.gal 06/03/2024 15:37 Última actualización 06/03/2024 15:41

Miguel Alvariño foi o mellor mundo no verán de 2022. Mantívose ata agosto de 2023 entre os catro mellores arqueiros do planeta. Mais hai cinco meses comezou unha caída que coincide coa súa estancia no centro de alto rendemento de Madrid Joaquín Blume.

"Levo moitos paus psicolóxicos nos últimos anos. Non teño ilusión por adestrar. É un bo momento para parar".

Alvariño cuestiona os criterios de clasificación olímpica da Federación. Cuestiona que teña que estar concentrado tres meses en Madrid antes da Copa do mundo que se vai celebrar en Turquía en xuño para decidir algunhas prazas olímpicas.

"Cando ves que non depende ti ir a uns xogos, a mente cánsase".

O futuro de Miguel Alvariño é descoñecido. Pecha unha porta  de competicións internacionais que nin el sabe aínda se volverá abrir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade