Cargando resultados...
Un veciño de Narón morre afogado no lago das Pontes de García Rodríguez
Un veciño de Narón morre afogado no lago das Pontes de García Rodríguez
O home botouse a nadar dende unha embarcación de pedais e xa non saíu á superficie
G24.gal
05/07/2024 19:44
Última actualización 06/07/2024 12:54
Un home duns 60 anos e veciño de Narón morreu afogado no lago das Pontes de García Rodríguez. Ao parecer ía nunha embarcación a pedais canda a súa muller. Nun momento determinado decidiu lanzarse á auga e xa non saíu.
A súa dona pediu axuda ao 112 e tamén desde a praia os bañistas avisaron de que unha persoa que estaba na auga pedía auxilio.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, os Bombeiros do Eume, axentes da Garda civil, da Policía Local e efectivos da agrupación de voluntarios de Protección Civil, que empregaron distinto material acuático para localizar o corpo.