Cargando resultados...
Alvariño e Castro acadan o ouro na Copa do Mundo de Turquía de tiro con arco
Alvariño e Castro acadan o ouro na Copa do Mundo de Turquía de tiro con arco
Impuxéronse na final ao equipo anfitrión por un claro 6-2
G24.gal
31/03/2023 19:52
Ouro galego na Copa do Mundo de Turquía de tiro con arco. O equipo de España, onde están os galegos Daniel Castro e Miguel Alvariño, impúxose na final ao combinado anfitrión na Kahraman Bagatir Spring Arrows. Os arqueiros das Pontes, xunto a Pablo Acha, gañaron por 6-2 na final disputada este venres e subiron así ao máis alto do podio.
Alvariño está a asinar unha gran temporada e destaca como un dos mellores arqueiros do mundo. A fiabilidade de Castro tamén está fóra de toda dúbida despois de gañar a participación nos últimos xogos olímpicos.