Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Baleato, enxeñeiro en Red Bull na F1: “En Galicia ando cun Panda 4x4 de 1990”

Álvaro Baleato, enxeñeiro en Red Bull na F1: “En Galicia ando cun Panda 4x4 de 1990”

Este galego de 30 anos leva seis temporadas na escudaría, na que se encarga das suspensións

G24.gal 30/08/2022 15:45 Última actualización 31/08/2022 09:47

Por Zona mixta no apartado #GaliciaEnXogo pasou Álvaro Baleato, un enxeñeiro galego traballando na Fórmula 1. Faino para o equipo líder agora, o Red Bull, do que non nos puido contar secretos, pero si que deixou unha chea de curiosidades

“Non podo falar de nada técnico sobre o meu traballo para que os outros equipos non teñan ningunha vantaxe”.

Unha afección de sempre

“Desde que era neno gustábanme os coches e sabía que quería estudar enxeñaría mecánica”.

"Traballei para BMW, Land Rover e logo xa pasei a Red Bull, onde traballo sobre todo nas suspensións, pero tamén a pé de boxes".

“Nas carreiras trátase de manter a calma pero ás veces teño que tomar decisións entre 5 e 10 segundos”.

"Si que se gaña ben na Fórmula 1 se non tes vicios, claro".

Cun coche vitaminado ata a fin do mundo

Na súa vida normal usa un utilitario, pero para as viaxes de aventura ten un Fiat Panda de 1990 que amaña e que agora mesmo está en Galicia

"Eu teño un Panda 4x4 desde hai vinte e pico anos, e que foi ata Mongolia".

“Gasto máis cartos en motos ca en coches”.

Baleato no box de Red Bull cun vehículo da marca na competición da Fórmula 1 Baleato no box de Red Bull cun vehículo da marca na competición da Fórmula 1
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade