Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Muñoz continúa no Obradoiro

Álvaro Muñoz continúa no Obradoiro

O exterior avilés xogará a súa sexta tempada en Santiago

G24.gal 06/08/2024 20:11

O gran capitán do Obradoiro volverá vestir a camiseta dos picheleiros. Álvaro Muñoz renova un ano máis e xogará a súa sexta tempada no Obradoiro.

O base avilés chegou a Santiago en 2019 procedente do Baxi Manresa e desde entón continúa no club. O ano pasado mediou 4 puntos e unha asistencia en pouco máis de 13 minutos por partido. Malia o descenso, Muñoz comprométese de novo coa entidade santiaguesa e continuará un ano máis no Fontes do Sar.

O Obradoiro contará co seu capitán para tentar volver a elite do baloncesto español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos