Cargando resultados...
Alxeria ratifica a ruptura política con España, pero mantén o seu compromiso coa UE
Alxeria ratifica a ruptura política con España, pero mantén o seu compromiso coa UE
Carga contra Bruxelas polo seu apoio a España
G24.gal
12/06/2022 15:49
Alxeria ratifica a ruptura política con España nun comunicado emitido nas últimas horas no que insiste en manter a suspensión cautelar do tratado de amizade e cooperación entre ambos os países.
O goberno alxeriano critica as declaracións da UE nas que apoiaba a España. Considera que foron precipitadas e infundadas, ademais dun intento de presionar un país orgulloso da súa independencia.
Con todo, Alxeria garante o cumprimento do seus compromisos comerciais con Europa. O domingo é día laborable no país e está previsto que as operacións coas empresas españolas recuperen a normalidade.